Saturday, May 17, 2008

A crise Carnivora


Calquera galego que escoite: «¡Papá, macho, pasa de todo, tío!» é quen de poñerlle cara a quen di semellante frase. Efectivamente, trátase de Tucho, o personaxe ao que dá vida Víctor Fábregas no dúo Os Tonechos, sempre da man de Roberto Vilar, no inconmensurable papel de Tonecho. Pero... ¿E se as frases foran as mesmas pero as caras de quen as di diferentes? Iso é o que vai pasar o vindeiro día 16 de maio, cando se estree a versión galega do filme de animación La crisis carnívora, producida por Continental.

Tucho e Tonecho, Víctor e Roberto, prestaron as súas voces e doaron a súa propia personalidade nun elenco de voces que completan Manuel Manquiña, Morris, Farruco, Superpiñeiro, Antonio Mourelos, Xurxo Souto e os actores de Corre Carmela que Chove, con Siro López como autor da versión galega e Tacho González na dirección de actores.

No comments: