Thursday, June 05, 2008

Os atlánticos




Os que me coñecedes ben sabedes o que me gusta o cine,a tv,os comics, os libros mailo rock.E os que me sufrides sabedes millor as ganas que teño de contaxiar as miñas paixons ate que non vos queda mais remedio que probar se e certo todo o que eu digo e se vos queredes enganchar.Supoño que non fai falla que poña exemplos porque xa tedes unha boa recua deles.


Todo o mundo fala do boa que é Casares(ese Portela mítico) pero a serie que me hipnotizou as noites do luns é Atlánticos.Dunha hora de duración e sen pausas publicitaria esta seria conta as vivencias de cinco persoas que forman unha banda que vai tocar as festas os fin de semana.Todo transcurre en Pontedenós(Pontedeume) e os actores son os históricos da galega:Xose Barato (o que resulta mais creible como rockeiro),Santi Romay(vimolo medrar dende mareas vivas) como un dos millores actores cómicos sen dúbida, Manquiña facendo o segundo millor papel da sua vida(O primeiro era o da Matanza Canibal de los Garrulos Lixérgicos),Nacho Castaño o eterno roxo da galega(podería facer un duo con María Castro)



No primeiro episodio Laura, a cantante da banda (ou é orquestra?) vaise sin explicación algunha e o baixista (o mozo,claro)contrata un detective pra que a atope.Todo iso supón unha nova cantante e novas nas persoaxes de Pontedenós:misterio, corrupción,triángulos amorosos,música,tensión sentimental e sexual,risas a esgalla e moito moito bo rollo.Unha serie que ten como escearios o bar,a peluqueria, o palco da música mais unha xestoria é boísima.Aparte de que é unha homenaxe sinxela a centos de orquestras que deixaron a pel mais o sangue na historia de nosa terra e contribuindo a cultura musical de todos nos.Agora o seu maior enemigo e a S.G.A.E.

Agora pódesee ver toda a serie dende a web da galega, bótalle un ollo e xa me dirás.

Dalle, Dalle,

No comments: