Monday, November 13, 2006

Murphy

Nunca usou espada
tampouco pistola
pisaba con arte
tiña grande escola.

Dominaba o ar
era mariñeiro
nunca se queixaba
nunca tivo medo.

Mais quanto máis feliz era o Murphy!
unha bala cruçoulle o peito!
o sangue de Murphy atinxiu o océano!
o fondo do mar foi o seu leito!



Murphy! Murphy! Murphy!

A bala asesina
fora disparada
polo Rei Corsario
naquela batalla.

Murphy conseguía
un grande tesouro
roubarlle ó corsario
un anel de ouro.

Máxicos poderes
tiña aquel anel
fascinaba os homes
e a Lucifer

Noso amigo Murphy
tivo moita sorte
tirou de partido
para voltar da morte

Amigo corvo, meu compañeiro!
espectro pirata do vento!
voas na noite co pensamento!
páxaro da morte eternaaaaa!

Murphy! Murphy! Murphy! Murphy! Murphy! Murphy! Murphy!

No comments: