Wednesday, January 21, 2009

Compañeiros (non é a serie de A3...)



Hoxe fun a presentación dun comic de Xosé Tomás, todos xornalistas agás eu e outro rapaz. Mágoa que fora pola mañá e non houbera máis xente comquira á presentación. O autor estaba apoiado pola Concelleira de Cultura e o escritor Manolo Rivas. Supoño que sabedes que o tebeo vai dos feitos acontecidos no 37 no Portiño, a fuga fallida republicana. Unha encomiable labor de non esquencer o que lles aconteceu a esa veintena de homes na Coruña fai 70 anos porque cando o profesor lles pregunta os rapaces quen foi Adolf Hitler só dous alumnos erguen a man. Como ben dixo Rivas , cando Barack Hussein Obama falou dos revolucionarios que crearon a sua patria estaba facendo un exercicio de memoria. Memoria non sei pero o que está claro e que aparte de iso non hai que esquencer nada.


E non quero deixar pasala ocasíón de manifestar a meu desexo que a próxima vez que vaia a casa museo vexa esas estanterias cheas de libros. E Xosé Tomas é un rapaz encantador (somos da mesma quinta), mentras me asinaba a sua obra falamos dun coñecido torero místico que ten o seu mesmo nome.... O nome do comic está caralludamente escollido, eso si son compañas. O tebeo en sí e fabuloso, non hai globos nin bocadillos, comeza co vello xénero epistolar escrito dende Paris que me fai lembrar Rick's Cafe e remata cando interrumpen a escritura da mesma. O silencio di moito mais que a diarrea de verbas sen significado. Esta banda deseñada só ten unha pega, a min gustariame que fora moito mais extensa, unha novela gráfica, un maus galego e en galego. Isto nos di que é posible.


A noticia...

No comments: