Thursday, December 04, 2008

A Marta férvelle a cona


Nesta ocasión a trama simpática tócalle de cheo a dura baterista dos atlánticos. Pasa fame de home e non sabe que facer. Por riba ten que escoitar a sua compañeira de piso mentras fode sen parar. Como é una serie para todolos públicos non especifican se Martiña se fai dedos ou non (nembargantes sí que sabemos que Brais faise pallas). A imaxinación de Marta es os elexidos para a sua cópula é o millor de todo. A segunda tempada é boisima, as tramas van medrando en intensidade, cantidade é calidade. Se fora unha serie de A3 ou T5 todos os escolares levarian as fotos de Brais, Marta, Silvia, Laura, Xurxo,Iván e mais Carlos nas carpetas. Do mesmo modo que en Padre Casares o alcalde mailo funcionario asemellanse moito a Asterix e Obelix en Pontendenós Os atlánticos son unha familio ó xeito dos 4F. Volvo a insistir, as series da galega son caralludas e son moito millores que as das privadas generalistas. Eles teñen moito presupostos e nútrense de OT's,fillos de famosos, netos de folckóricas,X-factors, famoseos e maruxeos para que os demais espazos da cadea falen da serie e a promoción sexa continua e da casa. Na galega hai profesionais, bos actores e moi bos guionistas e moitas gañas de facer as cousas ben.

1 comment:

Anonymous said...

Lástima de maridos e mulleres, que semella unha copia barata de "mujeres desesperadas".
Outro apunte, precisamente eu como galegofalante parecerá raro que o diga, pero así como me gusta que se respete a miña lingua e que considero que non se debe de traducir en determinadas circunstancias, tampouco se debería traducir o título orixinal da revista que está lendo a protagonista deste vídeo.